• Conforme a a Lei do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no seu artigo 43, o Ministerio de Facenda e Función Pública ofrece un servizo de notificacións electrónicas por comparecencia.

  • Os accesos a este servizo realízanse utilizando unha canle segura de comunicación, e como requisito indispensable deberá identificarse con algunha destas alternativas:

  • O acceso realízase a través dun navegador Microsoft Internet Explorer 7 ou superior (32 oo 64 bits), Microsoft Edge 20 ou superior, Mozilla Firefox 4.0 ou superior (en Windows unicamente se soporta en 32 bits), Google Chrome 15 ou superior, Apple Safari 5 ou superior.

  • Para o correcto funcionamento da aplicación, debe configurar o seu navegador, para iso pode consultar as seguintes instrucións.

  • Información sobre protección de datos persoais.

  • De acordo co artigo 13 do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 (Regulamento xeral de protección de datos persoais), infórmase que os seus datos persoais identificativos serán tratados pola Subsecretaría do Ministerio de Facenda e Función Pública coa finalidade de recollida, rexistro, acceso ao contido obxecto de notificación e comunicación do acceso ao órgano competente da tramitación.

  • O mencionado tratamento de datos persoais é necesario para o cumprimento da obriga legal que se deriva da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas. Os seus datos persoais non serán comunicados a terceiros. Poderá exercer os seus dereitos ante o responsable do tratamento. Antes de acceder ao formulario debe ler a seguinte información adicional sobre protección de datos persoais..