Requisitos cliente para a presentación electrónica de recursos e reclamacións

 

1      Introdución

2      Requisitos de Configuración Cliente

3      Sinatura Electrónica

3.1        Java habilitado no navegador (Internet Explorer)


1         Introdución

A presente páxina pretende servir de guía para a configuración das propiedades dos navegadores dos cidadáns que vaian facer uso da presentación electrónica.

2         Requisitos de Configuración Cliente

Os requisitos necesarios para a navegación dentro do Portal son os seguintes:

         Sistema Operativo: Sistema Operativo: Microsoft Windows Vista SP2, 7 SP1, 8 ou superior. Windows Server 2003 R2 SP2 ou superior. Linux 2.6 ou superior. Mac OS X (10.6.8 ou superior).

         Navegador: Microsoft Internet Explorer 9 ou superior, Mozilla Firefox 4.0 ou superior, Google Chrome 15 ou superior, Apple Safari 5 ou superior.

         Acceso: con certificado electrónico ou mediante o servizo de identificación Cl@ve.

      Cl@ve:O cidadán utilizará algún dos sistemas de identificación permitidos (Cl@ve PIN, Cl@ve Permanente ou Certificado Electrónico). Información sobre Cl@ve.

      Certificado Electrónico: O cidadán necesitará posuír un certificado dixital, emitido por unha entidade certificadora recoñecida, mediante o cal se poida autenticar para o seu acceso.

     Sinatura Electrónica: O cidadán necesitará posuír un certificado dixital, emitido por unha entidade certificadora recoñecida, mediante o cal poida asinar de forma electrónica a solicitude.

3         Sinatura Electrónica

O cidadán necesitará posuír un certificado dixital, emitido por unha entidade certificadora recoñecida, mediante o cal poida asinar de forma electrónica a solicitude.

Poderanse utilizar dous métodos, dependendo das características do navegador:

         Google Chrome, Apple Safari e Mozilla Firefox: é necesario ter instalado o cliente de Autofirma . En Internet Explorer tamén se pode utilizar.

      Só para Internet Explorer: e dispón da última versión de Java instalada, cargarase unha applet de Java para permitir a sinatura. Pode comprobar a versión de Java utilizando a ferramenta de verificación da versión de Java e pulsar o botón “Verificar a versión de Java”. Se non é a última versión, pode obtela na páxina de Java.

3.1        Java habilitado no navegado (Internet Explorer)

      Faga clic en “Ferramentas” e de seguido en “Opcións de Internet”.

      Seleccione o separador Seguridade e prema o botón “Nivel personalizado”.

      Busque “Automatización dos applets de Java”.

      Seleccione o botón de radio “Habilitar”.

      Faga clic en “Aceptar” para gardar as súas preferencias.